Entrevistas DPI

Nuestros clientes responden

Entrevista a “Vitivinícola Arousana (Paco & Lola)”, productores vinícolas. Carlos carrión, gerente
1. Paco&Lola es la cooperativa vitivinícola más grande de la DO Rias Baixas por número de socios, ¿cómo se gestiona esta gran responsabilidad?

No sabería como explicalo. Creo que para nós é algo natural, pois dende o primeiro momento a Cooperativa xa naceu con máis de 450 socios. En calquera caso a responsabilidade que temos é asumida co mesmo respecto e paixón que se fósemos unha Adega máis pequena. O foco hai que poñelo nos obxectivos e no camiño que se quere seguir sen importar se somos grandes ou pequenos.

2. La imagen atrevida y joven de Paco&Lola no deja de sorprender, ¿se bebe también con los ojos?

Efectivamente os ollos son a chave que abre por primeira vez a porta. O sentido da vista é fundamental para esa primeira impresión, pero unha vez que ganamos a atención desa persoa que se acerca por curiosidade ao noso viño temos que ser quen de sorprendelo máis alá dos lunares. Intentamos poder conquistar os sentidos do olfato e o do gusto cun viño que sempre procuramos cumpra cos estándares de calidade e sabor que demanda o cliente. O noso obxectivo é que unha vez traspasado o deseño sexa o viño quen deixe un bo recordo que invite a pensar en nós para unha vindeira ocasión.

3. ¿Qué hay detrás del éxito de Paco&Lola?

É unha pregunta para a que seguro existen múltiples respostas e todas elas válidas. Ademais creo que éxito deberá medirse pasados uns anos, pois estamos en fase de consolidación é iso é moi importante para nós para ver se o camiño marcado para o futuro é realmente un camiño que apuntale a situación actual. Aínda así, e non esquivando a pregunta, atreveríame a dicir que algúns dos vimbios que nos axudaron a situarnos na posición que hoxe estamos poden ser: a sinxeleza e a humildade das persoas que compoñen Paco & Lola, tanto traballadores como socios; O apoio recibido dende Organismos públicos e doutras Adegas, as cales nunca esquivaron as preguntas que lles facíamos en momentos de dúbidas; a aposta saírse do molde no momento oportuno; a procura dun sinal de identidade propio; e seguro que algunha dose de sorte tamén tivo que andar por aí.

Existe a famosa frase de “os plans están para non cumprirse”, pero aínda así o importante é que se ten un plan, e se non se cumprira sempre se poderá analizar cales foron as razóns das desviacións.“

- Paco & Lola -

4. ¿Caben más premios en las estanterías?

Ben, os premios sempre agradan xa que veñen a certificar que as nosas elaboración están á altura das expectativas dos distintos xurados dos concursos nos que participamos ao longo do mundo. Ollo, que tamén teñen unha vertente malvada, pois unha vez acadados uns cantos pódese caer na autocomplacencia ou o que é peor na insatisfacción, cando nun concurso non obtemos o mesmo resultado satisfactorio que en edicións pasadas.

Dende a nosa Adega os premios recibímolos con moita responsabilidade, dado que non sabemos se vai haber un próximo. Iso obríganos a non baixar nunca a garda.

Un bo premio para nós é pasear polas rúas de calquera pobo ou cidade e ver os nosos viños nos escaparates, non so de bares ou restaurantes senón de locais de todo tipo. E sen dúbida, o mellor premio para nós é que os clientes pensen en nós nese momento decisivo de “Que viño imos tomar?”. Se o seleccionado somos nós, que queres que che diga!, ese é o mellor premio que podemos recibir.

5. ¿Cómo os enfrentáis a los nuevos retos del sector? ¿Algún proyecto nuevo en mente?

O ano pasado en Rías Baixas foi un verdadeiro punto de inflexión e que nestes primeiros meses do ano 2017 estáse a consolidar. Ese cambio de tendencia está sendo beneficioso para todos, pois estase a recuperar o consumo do viño Albariño e ademais ese aumento de demanda leva aparellada unha recuperación de prezos, que comezou a trasladarse ao viticultor. Temos que ver se no 2017 acaba de consolidarse ese cambio de tendencia, ese é o maior reto para a nosa Denominación de Orixe. Sobre esta base, no noso caso particular o reto máis importante é a consolidación dun proxecto que naceu fai tan só uns 10 anos. En canto a proxectos novos, sempre estamos con probas, este ano pasado sacamos dúas marcas antagónicas un é un viño pensado para a xuventude: fresco, con chispa, cuxa fermentación é cortada con frío antes de que finalice, este viño é o Nº 12 de Paco&Lola. O outro viño é un viño do ano 2010 que estivo un ano cunha crianza sobre lías e que se embotellou 6 anos despois de colleitarse. Un viño que sabe a mar como o Vintage 2010. Pois ben, sobre esta base este ano imos realizar unha serie de probas e ver se somos quen de obter o resultado desexado, pero polo de agora é mellor non desvelar nada.

6. ¿En qué medida tener una visión y un plan director claro ha contribuido en avanzar en esas metas?

Existe a famosa frase de “os plans están para non cumprirse”, pero aínda así o importante é que se ten un plan, e se non se cumprira sempre se poderá analizar cales foron as razóns das desviacións. No noso caso ter un plan director é fundamental no día a día, pois o traballo diario está enfocado a consecución das metas dese plan. Sen esas metas ben descritas, e o máis importante, asumidas por todos os compoñemos a Adega estaríamos dando paus de cego. No ano 2016, comezamos coa definición dese plan director para os vindeiros 4 anos. Sen el, a bo seguro que hoxe non poderíamos tomar as decisións que tomamos, case en tempo real, de correccións ou melloras para camiñar cara a consecución dos obxectivos marcados.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar y mejorar tu experiencia de navegación.
Al continuar navegando, entendemos que aceptas su uso.

Más información